top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O 1 de decembro terá lugar a XVIII asemblea nacional do BNG

O fin é "seguir ampliando a base social e territorial para consolidar a organización nas eleccións municipais de 2027 e lograr o cambio político na Xunta en 2028"


Ecos da Comarca/Deza

Logo dun intenso e participativo debate a nivel comarcal, máis dun cento de militantes da comarca de Deza/Tabeirós participarán na XVIII asemblea nacional do BNG o vindeiro 1 de decembro, co reto de seguir ampliando a base social e territorial co obxectivo de consolidar a organización nas eleccións municipais de 2027 e lograr o cambio político na Xunta en 2028.

O BNG de Deza.

"A asemblea nacional do BNG é un proceso democrático e participativo sen comparación con ningún outro de ningunha forza política, no que a militancia decide activamente a liña política e a dirección da organización para os vindeiros anos, localidade a localidade, comarca a comarca", explica o Bloque, que engade que "somos unha organización nacional, forte, presente e enraizada en todo o país, que está a vivir un proceso de medre organizativo nos últimos anos e que se marca como un dos obxectivos centrais agrandar a base social do nacionalismo para reforzar o BNG como alternativa política".


A XVIII Asemblea Nacional do BNG enmárcase nun contexto "no que os problemas estruturais que padece o noso país continúan a agravarse, cun goberno galego en mans do Partido Popular, alonxado das verdadeiras necesidades do pobo galego e favorecendo políticas centralizadoras que aumentan a nosa dependencia do Estado", sinala. Neste contexto, o BNG preséntase "como unha alternativa política sólida, cun proxecto transformador que gaña apoio social e electoral de forma continuada".


Publicidade

Durante o último período interasemblear ( 2021 – 2024) o BNG a nivel comarcal case duplica o número de militantes en especial xente moza, que participou activamente nos debates que se produciron a nivel comarcal presentándose varios emendas aos textos e tamén propostas para a lista do consello nacional. Neste período tamén se produciron catro procesos electorais nos que en todos eles se produciu un medre en votos e porcentaxe respecto das anteriores. "Ao salto cualitativo en número de concelleiros temos que engadirlle a consecución de escano comarcal no parlamento galego, con Ariadna Fernández como deputada", recalca.


0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page