top of page

O último espectáculo de Zoelas chega a Arzúa o Día das Letras Galegas

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, dirixido polo concelleiro José Luís García, continúa desenvolvendo os diferentes actos da programación Primavera de Cultura chegando este venres, 17 de maio, a un dos actos centrais do programa coa celebración do Día das Letras Galegas.

Este venres chega a Arzúa o último espectáculo do grupo Zoelas baixo o título de Des(a)fiada. O mesmo terá lugar na Casa da Cultura ás 19:00 horas coa entrada libre e de balde ata completar a capacidade. Zoelas é un grupo que emerxe nas terras rurais do interior de Galicia, entre elas Antas de Ulla. Tres voces femininas e arranxos pouco comúns da man de instrumentos como a zanfona, a requinta ou a guitarra, acompañan ás letras de composición propia tomando como principios e valores básicos a visibilidade da muller, o idioma e o rural.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O proxecto-espectáculo “Des(a)fiada” pretende analizar cal foi a posición da muller no rural de Galicia nos grandes acontecementos da historia a través dos seus propios testemuños. O espectáculo músico-audiovisual, achegará ao público vivenzas no tempo da guerra e posguerra, na emigración, a emancipación da muller a través do negocio da costura ou a diversidade no rural.


Non é este o único evento que, dentro da programación Primavera de Cultura, homenaxea ás nosas Letras. Xa que, por exemplo, o vindeiro 31 de maio os escolares de primaria de Arzúa participarán nun contacontos que dará a coñecer a figura de Luísa Villalta e a súa obra. Dende o Departamento de Cultura tamén se recorda que esta semana, do xoves 16 ao sábado 18 son os últimos días para visitar na Capela da Madanela a exposición de pintura e fotografía do colectivo Lucet con obras de nove artistas que abre en horario 18:30 a 20:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a asistir ás diferentes propostas culturais que se ofrecen "co ánimo de defender e promover o uso e coñecemento da nosa lingua, algo que nos propoñemos durante todo o ano dende a concellaría que dirixo, pero que esta semana corresponde visibilizar máis ca nunca".



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page