Nuska Chousa chega a Agrodeiro, en Camba, para ofrecer un obradoiro práctico o 20 de xuño
- Laura Moure

- 29 may
- 2 min de lectura
As prazas son limitadas
Laura Moure/Rodeiro
A Botica Agrodeiro ofrece o obradoiro “Da terra á planta: hortas sans dende abaixo”,
da man da agroinfuencer Nuska Chousa. O encontro ten prazas limitadas e xa case
están esgotadas, a pesares de que se ampliaron. A sesión será o sábado 20 de xuño e
empezarase ás 11:30 horas nas instalacións de Agrodeiro, ao remate haberá petiscos.

A agroinfuencer galega enfoca a súa charla na época na que se vai levar a cabo, na que
se recollen, principalmente, solanáceas. Aínda así, os coidados das hortas son continuos. Así, durante a xornada explicará como facer compost dende cero e pensando a longo prazo, “xa que o mellor compost é aquel que ten un ano e que facemos nas nosas casas”, indica.
Logo, enfocarase en como manter sans de pragas e pestes as plantas, “xa que estamos expostos a que en calquera momento poidan aparecer fungos”. Centrarase en porque
aparecen e cal é a relación da saúde do chan coa incorporación continua de compost
caseiro e a vitalidade das plantas; xa que “segundo alimentes a terra, así será a saúde
da planta”.
PUBLICIDADE
A agroinfluencer, con máis de 100.000 seguidores en Instagram, caracterízase por facer obradoiros moi interactivos, así que as persoas participantes poderán preguntar de todo o vinculado co coidado das súas hortas.
PUBLICIDADE
Dende Agrodeiro destacan que será o primeiro obradoiro, e en vista da demanda que están a ter, non descartan organizar máis no futuro. O obxectivo da iniciativa é ofrecer información de interese para os agricultores e para todas as persoas que teñen as súas
propias hortas e queren mellorar os resultados. Ademais, inciden na relevancia que
ten Nuska Chousa “porque moita xente da que se está anotando é porque nos din que
lles encanta o seu contido e lles resulta útil”.








Comentarios