Ecos da Comarca/Deza

Nesta fin de semana, oito deportistas do Galaico Trail Run (GTR) participaron no Trail de Piñor (Ourense), de 14 quilómetros con 400 positivos. "Ata alí foron Cristóbal, Adrián, Renato, Margarita, Lucía, Patricia, Andrea e Sé. Destacamos os resultados obtidos por Cristóbal Dafonte, que acadou un 9.º posto na Xeral e un 3.º na categoría de veterano; Patricia Montoto foi prata na categoría Sénior (foi o seu primeiro podio) e na mesma categoría, Andrea Vázquez foi bronce. Os participantes destacaron da proba que era rápida, con congostras moi molladas que lle deron un punto de dificultade", sinala o clube.
Por outro lado, case unha quincena de corredores do club foron ata o País Vasco para
participar na proba de Behobie (San Sebastián), unha carreira de 20 quilómetros de distancia, con 200 metros positivos e na que participaron 25.759 corredores. Os deportistas resaltan a presencia de público de todas as idades ao longo de todo o percorrido da carreira, animando aos participantes en todo momento. “Foi bonito ver como se implicaban os veciños das vilas polas que transcorría a carreira (Irún, Rentería, Pasajes e San Sebastián), un bo exemplo de como fomentar o deporte”, indicaron tras a proba.
Comments