top of page

Numerosas familias desfrutan no Pino cos xogos e obradoiros da quinta edición da Festa de Nadal

Hoxe, domingo, as pompas de xabón serán as protagonistas do espectáculo Os fabulosos Cleaners na Casa da Cultura


Laura Moure/O Pino

Despois de acender as luces a semana pasada, O Pino deulle a benvida ao Nadal este sábado 16 cunha gran festa familiar na que houbo obradoiros, xogos, espectáculos ou chocolatada, e que contou co ir e vir de numeroso público. Unha carpa instalada na praza do Concello foi o escenario da celebración da quinta edición da Festa do Nadal, onde pequenos e maiores se sorprenderon co disparador de confeti e tiveron a oportunidade de elaborar os seus propios adornos de Nadal participando en distintos obradoiros con temática vencelladas a estas festas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A diversión puxérona a música e os xogos en familia. Ademais, e como peche dunha

entretida tarde, as persoas asistentes puideron desfrutar do espectáculo ‘O Apalpador

conta con vós’, unha peza de narración oral a cargo de Caxoto Contacontos que espertou o interese da cativada ao desvelar cal é a ocupación desta personaxe mítica da tradición

galega e, sobre todo, descubrir os consellos que hai que seguir para que neste Nadal nos

deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe.


Tamén tivo moito éxito o posto de lambetadas, doces e chocolate instalado polo alumnado

de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago coa fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Espectáculo de pombas de xabón

A programación de Nadal no Pino continuará hoxe, domingo 17 de decembro, na Casa de

Cultura. Alí, e e partir das 18:00 horas, Malasombra Producións representará Os fabulosos

cleaners, un espectáculo moi visual con pompas de xabón no que poderá participar toda a

familia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O público gozará, sen dúbida, con estas máxicas pompas transparentes con fume, con

vapor, de todos os tamaños e estáticas ou voando polo escenario, que o transportará por

un mundo máxico, cheo de cor e de moito humor.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page