top of page

Novos veciños no Sisto?

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Un par de cegoñas deixouse ver hoxe por esta parroquia de Dozón


Laura Moure/Dozón

A parroquia de O Sisto, en Dozón, ten novos veciños: un par de cegoñas, que se deixou ver hoxe no campanario da igrexa deste lugar. "Nin preguntándolle a miña avoa di recordar ver esta imaxe. En realidade, son dúas, pero só conseguín fotografar unha mentres a súa parella planeaba e exploraba os contornos. E penso que as imos ver máis veces, xa que a estaba pousada xa marcou o territorio mentres entonaba os seus cánticos. Debeulle gustar o lugar!", conta Jorge Sobrino, veciño desta parroquia. "Sei que son típicas en moitas partes de Galicia, pero aquí é extremadamente raro velas. Podemos pensar nisto como unha curiosidade ou unha proba máis de que está cambiando o clima. E por certo, as andoriñas xa hai máis dunha semana que merodean tamén", engade.


Pois agora haberá que agardar se a esta parella lle gustou o lugar e se se decanta por instalar aquí a súa vivenda. Estaremos pendentes!


Unha das cegoñas no campanario da igrexa do Sisto.

Autor: J. Sobrino

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page