top of page

Novos achados arqueolóxicos na Rúa do Convento de Melide

Ecos da Comarca/Melide

O pasado 11 de febreiro dabamos conta da aparición dun esqueleto durante os traballos de reforma da Rúa do Convento de Melide. Onte descubríronse novos achados arqueolóxicos.

FOTO
Os xacementos de onte. Autor: Qy Quiñoy.

"Nesta semana, co gallo do avance das obras na Rúa do Convento de Melide, estase a producir a aparición de novas evidencias arqueolóxicas. Nesta ocasión trátase de evidencias de diferentes inhumacións humanas; dato que bota por terra a hipótese primeira de que a inhumación localizada hai un par de semanas respostaba a un enterramento illado/individualizado", explica o Museo da Terra de Melide. "Así pois, a xulgar polo escenario físico, espacial e urbanístico todo leva a asocialo á necrópole do Hospital e Convento de Sancti Spíritus de Melide. Fundado o primeiro no ano 1375, e o segundo tres anos antes", engade.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, apunta que os achados "están a traducirse nunha enorme e proverbial oportunidade de complementar o coñecemento extraído das fontes documentais. Congratulámonos por tan boa oportunidade! Certamente, non houbera causado sorpresa ter dado con restos de soterramentos na intersección da Rúa do Convento e a de San Xoán (e ó longo de toda esa rúa), xa que é de sobra sabido que nese escenario se localizaba o camposanto parroquial de San Pedro (clausurado no ano 1842)". "Mais, nesta ocasión presente, estamos de noraboa, posto que xa se pode aproximar e concretar a ocupación funeraria do Hospital/ Convento. Por todo elo, nesta fin de semana, continuarase cos roteiros informativos, en horario de mañá e de tarde", adiante o museo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page