Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Dúas xornadas, independentes no ranking da Federación Galega de Atletismo pero sumatorias para a Castro Caldelas Vegan Trail. O sábado tiña lugar a carreira vertical e o domingo o trail, que con 37,5 quilómetros e máis de 2.200 positivos é considerado un dos máis duros de Galicia. Con estes resultados os deportistas, entre eles dos dezás, do Club Deportivo Biosbardo tamén suben postos no ranking de cara a confirmación da Selección Galega.

SÁBADO 14 – VERTICAL
"Puntuable como G3 (máxima categoría galega) partiron os nosos e nosas desde os meandros do Sil por unha subida constante de 3,5 quilómetros e preto de 800 metros de ascenso constante. Tamara García, veciña de Dozón, facíase co subcampionato feminino, ratificando o seu 2º posto no Ranking Galego, xusto por detrás da gañadora Alba Rey, que casualmente será unha das novas integrantes do combinado Biosbardo en 2025", desta o clube.
Publicidade

En categoría masculina a carreira foi dominada polo madrileño Luis Nogueira "mentres que o primeiro ‘biosbardo’ entrando en meta era Marcos Pascual como 4º absoluto e 1º master; no resto de categorías destacaba o 2º posto master 2 do cruceño Emilio Montilla. A destacar que o C.D. Biosbardo pecha a tempada Vertical con dous deportistas nos 2os postos. Tamara García cosolidada xa e Marcos Pascual que sube un posto despois de esta proba".
DOMINGO 15 – TRAIL
"Saída valente, posto que no grupo de favoritos o único atleta que “doblaba” era Marcos Pascual, sen arrugarse, sen medo, valente, saíu no grupo de cabeza e mantívose ata a última subida, onde caeu ata a 6ª posición. Os podios do C.D.Biosbardo por categorías foron os seguintes: Marcos Pascual subcampión master, seguido no 3º posto polo seu irmán Fran Pascual; Federico Losada facíase co 1º posto Master 2".
Publicidade
Final de tempada por todo o alto para o C.D.
Biosbardo no sector de trailrunning.
No ranking vertical ABSOLUTO:
A veciña de Dozón Tamara García pecha o ano como 2ª absoluta, sendo tamén 2º absoluto Marcos Pascual. A maiores, por categorías o C.D. Biosbardo ratifica como Nº1 anual a Marcos Pascual en M40, Federico Losada en M45 e Emilio Montilla en M50
No ranking classic ABSOLUTO, que conformará a Selección Galega:
Federico Losada, Nº1 absoluto, acompañado no 3o posto por Marcos Pascual; pola súa banda Tamara García consolídase na 4ª praza absoluta. Das 5 prazas de selección galega masculinas e femininas o C.D. Biosbardo consolida a tres deportistas.
Comments