Novos éxitos para a veciña de Dozón Tamara García e para o cruceño Emilio Montilla
- ecosdacomarca
- 11 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana tivo lugar en Muras o Campionato Galego de trail en distancia maratón, onde a Federación Galega de Atletismo poñía en xogo os títulos galegos no Trail das Bestas. Cos seus 44 quilómetros e 4200 metros de desnivel acumulado o evento percorre a Serra do Xistral, caracterizada pola súa dificultade de paso e autenticidade como é o paso por zonas de turbeira. Participou o Club Deportivo Biosbardo, e entre os seus corredores houbo algúns dezás.
Publicidade
MARCOS PASCUAL – BRONCE ABSOLUTO
Loitando ata o final, aspirando a todo, Marcos Pascual liderou a proba ata o quilómetro 37, véndose soamente superado nos últimos quilómetros da proba entrando os 3 primeiros en moi pouca marxe de tempo, con vitoria do sadense Moncho Muiños. Bronce absoluto
para Marcos e campión galego M40.
FRAN PASCUAL – Subcampión veteráns
Entrando cunha carreira impresionante e un 5º posto na xeral Fran Pascual facíase co subcampionato de categoría, correndo de menos a máis.
"No propio campionato galego tivemos a Jonathan Pérez que entraba na 8ª posición absoluta mentres que por unha das nosas aspirantes, Fanny Abelenda se tiña que retirar por problemas gástricos".

DISTANCIA 27K – Puntuable no ranking galego. DOBLETE FEMININO
Dominio Biosbardo na proba feminina, onde a veciña de Dozón Tamara García e Kenia Estrada non deron opción, impuxeron o seu ritmo desde principo a fin amosando a súa superioridade e proclamándose campioa e subcampioa absolutas da proba.
Publicidade
Mentres, o cruceño Emilio Montilla tamén se proclamaba subcampión absoluto, amosando un gran estado de forma e porque se mantén constantemente entre os mellores especialistas de Galicia.
A seguinte cita oficial para o CD Biosbardo será no Trail Costa da Morte, o vindeiro 20 de xullo, en Malpica de Bergantiños.
Comments