top of page

Novos éxitos do club ximnasia rítmica Marusia de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este sábado, 24 de maio, celebrouse a segunda proba clasificatoria da 7 liga sur do Torneo Interescuelas, no pavillón Baltar de Portonovo. Dous dos conxuntos do club ximnasia rítmica Marusia de Lalín que asistiron á competición lograron clasificarse para a fase final do campionato galego, onde competirán os mellores equipos das dúas ligas, a norte e a sur. Este campionato celebrarase o 21 de xuño en Ourense e de aí sairán as campioas galegas do torneo.

O sábado lograron clasificarse dous conxuntos do Marusia Lalín: as cadetes e as benxamíns, as cales executaron uns bos exercicios, que as levaron todo o máis alto do pódium, froito do esforzo que estas semanas realizaron coas súas adestradoras Antía e Cristina.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O resto dos conxuntos obtiveron tamén unhas boas posicións, pero lamentablemente non foron suficientes para levalas ata a final de Ourense, con todo, nesta proba estes conxuntos experimentaron gran melloría na execución dos seus exercicios e indubidablemente para próximos campionatos serán unhas rivais para ter moi en conta.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page