Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa
Este martes, 17 de decembro de 2024, a Consellería de Economía e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOGA) un anuncio a través do cal se emenda o acceso á documentación incluída sobre o proxecto de Cobre San Rafael, a mina de Touro-O Pino que tamén afecta a Arzúa e Vila de , que neste momento, dende o 22 de novembro está en exposición pública. Deste xeito, dende hoxe ábrese un novo prazo para presentar alegacións.

Consellería de Economía e Industria
ANUNCIO do 12 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de emenda do acceso á documentación incluída no Acordo do 14 de novembro de 2024 polo que se somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael, nos concellos de Touro, O Pino e Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.
En relación co Acordo do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael nos concellos de Touro, O Pino e Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L. (DOG núm. 226, do 22 de novembro), advertido un erro na ligazón de descarga da documentación sometida á información pública, indicado no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras, consistente na imposibilidade de obter o documento denominado «EsIA37_Anexo 35_CARTOGRAFÍA AMBIENTAL.pdf» incluído na carpeta «4-Estudio ambiental», procédese a incluír no indicado portal a ligazón da que poder descargar o dito documento.
Publicidade

Isto faise público para coñecemento xeral, e ábrese un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente emenda no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael, declarado como proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do 24 de xuño de 2024, do Consello da Xunta de Galicia, e situado nos termos municipais de Touro, O Pino, Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.
Publicidade
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo de trinta (30) días hábiles sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Comments