Esta obra de Silleda, deseñada polo arquitecto silledense Abraham Castro, continua a
recibir galardóns logo da súa estrea en 2018
Laura Moure/Silleda
O Campo de fútbol silledense da Gandareira, na Bandeira, vén de obter un novo recoñecemento polo seu deseño, ao estar incluído no Panorama de Obras da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. A actuación, deseñada polo arquitecto silledense Abraham Castro Neira e por Carlos Pita, que se estrenou a finais de 2018, formará
parte da mostra audiovisual que visitará cidades como Barcelona ou Valladolid, nos vindeiros meses.
No listado de finalistas figuran 60 obras, de máis 1.000 presentadas, a maioría delas de obras en Galicia e Cataluña. O estadio da Gandareira recibe así o que é xa o seu terceiro
recoñecemento, logo de recibir en 2019 o premio “Panorama de Obras”, da XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo, celebrada en Asunción, en Paraguay, sendo unha das 20 obras de toda España que estiveron presentes neste prestixioso certame da capital paraguaia.
En 2020 a obra recibiu ademais o Gran Premio Enor, outorgado pola coñecida firma de ascensores. O alcalde, Manuel Cuiña, amosa a súa satisfacción por este novo recoñecemento que o seu creador, Abraham Castro define como “funcional, moderna, unha proposta de poderosa xeometría, cunha arquitectura obxectiva, concreta, e sobre todo unha obra para perdurar no tempo, engade Castro.
Comments