top of page

Nove axencias de viaxes e touroperadores estatais desembarcan en Arzúa para coñecer o seu potencial

Profesionais do sector participaron nun fam trip organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Concellería de Turismo, co obxectivo de coñecer o municipio e reforzar a súa proxección como destino


Laura Moure/Arzúa

Arzúa foi este sábado escenario dun fam trip —unha viaxe de familiarización dirixida a profesionais do sector turístico— no que participaron representantes de nove axencias de viaxes e touroperadores estatais. A iniciativa, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Turismo de Arzúa, puxo o foco en dar a coñecer a riqueza patrimonial, gastronómica, cultural e paisaxística do municipio como destino turístico de referencia.

ree

A xornada en Arzúa incluíu unha visita guiada polo casco urbano, o Enredo do Abelleiro, a Queixería Verbas e a Casa Rural A Curiscada. O día completouse cun xantar no restaurante Pecar, que permitiu descubrir a oferta gastronómica do municipio.


A concelleira de Turismo, Begoña Balado, subliñou a relevancia da iniciativa: “Este fam trip supón unha oportunidade única para que touroperadores e axencias de viaxes coñezan de primeira man todo o que Arzúa pode ofrecer. Queremos que leven unha imaxe completa do noso patrimonio, da nosa gastronomía e da hospitalidade que nos caracteriza,

para que iso se traduza en novos visitantes e en máis proxección para o noso concello.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Desde a Concellería de Turismo apostamos por posicionar Arzúa como un destino integral,

máis alá do Camiño de Santiago, salientando a riqueza natural, o noso legado cultural e a calidade dos produtos locais. Queremos reforzar tamén a nosa imaxe como destino verde,

atraer visitantes durante todo o ano e xerar novas oportunidades económicas para a

hostalería, o comercio e o conxunto do sector turístico arzuá.”


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No fam trip participaron profesionais de Geoland Vacaciones, Pol Viatges, Abacco International, Letango Tours, Hidden Corners of Spain, El Generador, Halcón Viajes,

Viajeron e Civitatis, compañías con capacidade de comercializar o destino Arzúa en distintos mercados.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page