top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Novas vitorias de Tamara García, veciña de Dozón, e do cruceño Emilio Montilla


Ecos da Comarca/Deza

Durante esta fin de semana os deportistas do Club Deportivo Os Biosbardos estiveron repartidos por moitas probas e retos das xeografías galega, asturiana, castelá e tamén madrileña, destacando importantes éxitos.


Publicidade

TRAIL CANÓNS DO SIL

Ata unha das clásicas, en Parada de Sil, desprazáronse os atletas desputando a proba en diversas distancias:

FRAN SOBRADO: fíxose coa vitoria absoluta na modalidade de 8k dominando de principio a fin e aumentando a distancia cos seus perseguidores no último tramo de carreira

KENIA ESTRADA proclamouse subcampioa absoluta na distancia de 17 quilómetros, realizando unha gran segunda parte de carreira remontando dúas posicións para meterse no podio.

FRAN PASCUAL protagonizou un dos “sprints” do día ficando a tan só unhas décimas do podio, que caería a favor do atleta do Arenteiro, Xenxo Laso. Finalmente Fran, coa súa 4a praza absoluta proclamábase subcampión master.

10K AMES

Proba homologada, marcada por unha climatoloxía dura, onde destacaron dous nomes no circuito de Bertamiráns:

TAMARA GARCÍA, veciña de Dozón. campioa senior cun tempo de 38’58’’ sendo cuarta da clasificación xeral

EMILIO MONTILLA, o veciño de Vila de Cruces, campión veteráns cun tempo de 35’53’’ inmerso xa na preparación do galego de media maratón.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page