top of page

Novas actividades para o mes de xuño na Aula CeMIT de Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Todas as actividades son gratuítas previa inscrición


Laura Moure/Arzúa

Xa é posible apuntarse aos novos cursos, charlas e monográficos que se impartirán durante o mes de xuño na Aula CeMIT de Arzúa (rúa de Lugo, s/n, de lado do Xulgado) Todas as actividades son gratuítas previa inscrición. Entre os obxectivos da Rede CeMIT está achegar as tecnoloxías da información á cidadanía en xeral, a difusión do sowftware libre e as actividades específicas de inclusión tecnolóxica para colectivos concretos (infancia, terceira idade, persoas desempregadas, persoas emprendedoras e empresas, asociacións, etc.)


Neste mes de xuño hai unha ampla oferta de cursos para coñecer elementos cos que convivimos a diario para facernos a vida unha pouco máis sinxela.


    • Martes e xoves (de 10:00 a 12:00 h), do 11 ao 20 de xuño: Introdución á ofimática. LibreOffice Calc, folla de cálculo. Despois do curso de maio do procesador de textos de LibreOffice Writer o alumnado poderá coñecer todas as posibilidades da folla de cálculo LibreOffice Calc desde o nivel máis básico (realizar cálculos, contas, listaxes, gráficas, facturas...). Non é preciso ningún coñecemento previo, só un mínimo de informática básica.

    • Martes 11 de xuño (de 16:00 a 18:00 h): Aprende a usar o certificado electrónico. O certificado electrónico permite identificarnos como se usáramos o DNI para realizar trámites coas administracións públicas a través de internet, tanto nun computador como no móbil. Cómpre ter o certificado do DNI electrónico activado.


Gran parte da nosa vida actual pasa a través dese pequeno computador que levamos no peto e que é o teléfono móbil. Os cursos para coñecer mellor como funciona son dos máis demandados na Aula CeMIT. Neste mes de xuño hai dous:


    • Martes e xoves (de 18:00 a 20:00 h), do 11 ao 20 de xuño: Coñece o teu móbil Android.


    • Mércores e venres (de 10:00 a 12:00 h), do 12 ao 21 de xuño: Coñece o teu móbil Android.


    • Xoves 13 de xuño (de 18:00 a 20:00 h): Coñece a sede electrónica do Concello de Arzúa. A través da sede electrónica do Concello de Arzúa pódense realizar moitos trámites, solicitudes, queixas... dende o noso computador ou teléfono móbil. Cómpre ter o certificado do DNI electrónico activado ou ter un certificado electrónico vixente.


    • Martes 18 de xuño (de 18:00 a 20:00 h): Coñece a app móbil do SERGAS. Ademais de pedir cita para atención primaria do Servizo Galego de Saúde esta app permite facer e consultar moitas outras cousas.


    • Xoves 20 de xuño (de 18:00 a 20:00 h): Coñece a app da Rede de Bibliotecas de Galicia. A principios de ano a Xunta presentou esta app coa que se pode ter acceso aos libros e revistas da plataforma on-line GaliciaLe e levar o carné da biblioteca no móbil. Cómpre ter o carné da biblioteca que se pode facer na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Arzúa (rúa Padre Pardo, 33, 2º andar, enfronte do centro de saúde).


    • Martes, mércores e xoves (de 10:00 a 12:00 h), do 25 ao 27 de xuño: Edición sinxela de fotos e imaxes. Cun programa que se pode instalar de forma gratuíta en calquera computador aprenderemos os básicos do retoque fotográfico para mellorar as nosas fotos persoais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

    • Martes 25 de xuño (de 16:00 a 20:00 h): Navegación segura con Firefox en móbil e PC. O navegador de internet é a nosa conexión con moitos dos contidos que nos chegan (novas, redes sociais, todo tipo de páxinas web...). O navegador Firefox é unha opción rápida, segura e completa para acompañarnos no computador e no móbil.


    • Xoves 27 de xuño (de 16:00 a 20:00 h): 30 de xuño. Día das redes sociais. Coñece o Fediverso. Redes sociais libres e non comerciais. Celebraremos o Día das redes sociais coñecendo as redes sociais federadas ou Fediverso (Mastodon, Pixelfed, Lemmy, Friendica, PeerTube...); alternativas libres, comunitarias e non comerciais ás coñecidas Facebook, Twitter, Instagram...


    • Venres 28 de xuño (de 10:00 a 14:00 h): Coñece a túa tableta Android. Aprende a configurar e a facer un uso básico da túa tableta.


Ademais dos cursos organizados poloa Áula CeMIT de Arzúa, neste mes de xuño segue en marcha o curso Itinerario Laboral ‘Alicia, activando la igualdad’ que organiza o Centro de Información á Muller de Arzúa (CIM) impartido pola Fundación Mujeres; e tamén haberá dúas charlas organizadas pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) e impartidas por Canal Sénior:


Martes 4 de xuño, (de 17:00 a 18:00 h), “8 ferramentas e ideas para combater a soidade non desexada”


Xoves 6 de xuño (de 17:00 a 18:00 h), “Atopa compañía para facer deporte con estas plataformas”


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

No horario de apertura da aula os equipos están a disposición da cidadanía para o seu uso libre. Tamén é posíbel solicitar titorizacións de contidos específicos.


Para inscribirse ou recibir máis información poden visitar a páxina web https://cemit.xunta.gal/gl/centros/arzua, chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT (rúa de Lugo, s/n, de lado do Xulgado) en horario de luns a venres de 9.00 a 15.00 e de 16:00 a 20:00 os martes e xoves ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal 

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page