top of page

Nova vaca que bate récord na Central Agropecuaria de Galicia de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Por terceira vez este ano e por segunda semana consecutiva a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda rexistrou o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Se ben o récord da categoría de Vacún Maior, e da Central, se sitúa nos 10.498€ acadados o 8 de outubro de 2024 por un boi de raza mestiza, en canto ás femias desta categoría o maior prezo estaba nos 8.405€ pagados a semana pasada. Sen embargo, dende onte o maior prezo dunha vaca pasa a ser de 10.393€, pagados por unha vaca de raza Rubia Galega nacida en setembro de 2014 e propiedade da explotación de Emilio López, situada en Chantada (Lugo), a cal foi adquirida polo operador Ganados Caquelo, de Ames (A Coruña).

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este elevado prezo converte tamén a esta vaca no cuarto exemplar da categoría con maior cotización da Central, tras tres bois, de 10.498€ (o récord da categoría de vacún maior e da Central), 10.469€ e 10.461€.


COTIZACIÓNS MARTES 5 MAIO 2026:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page