Nova protesta diante da oficina de Correos de Lalín
- ecosdacomarca

- 16 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O pasado martes tivo lugar unha nova protesta diante da oficina de Correos da rúa B en Lalín. "A empresa, lonxe de poñer solución a este conflito laboral que xa se prolonga durante máis de ano e medio, só se centra en presionar cada vez máis ás poucas carteiras e carteiros que quedan en activo con "leads" (captación de clientes) para unha empresa privada", sinalan os profesionais afectados.

PUBLICIDADE
Pretenden, apuntan, "que se realice un traballo de comercial cando non están formados para esta tarefa nin teñen a obriga de realizala. Resulta incluso ofensivo, que ante a falta de persoal e o pésimo servizo que se está a ofrecer ós veciños da comarca de Deza, Correos faga esta pésima xestión dos seus recursos".
PUBLICIDADE
Así mesmo, indican que actualmente, o reparto da correspondencia dos concellos de Agolada, Rodeiro, Dozón e Lalín "está composto por tan só 14 dos 23 carteiros que deberían estar en plantilla para recorrer a diario máis de 700 km cadrados de territorio".








Comentarios