top of page

Nova programación da aula CeMIT de Arzúa para maio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os cursos e obradoiros son gratuítos, pero as prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse


Laura Moure/Monterroso

Este mes de maio, a Aula CeMIT de Arzúa ofrece unha serie de cursos e obradoiros deseñados para mellorar as habilidades tecnolóxicas e facer aos participantes máis competentes no mundo dixital.

  •  Introducción á ofimática: LibreOffice Writer. Luns e mércores de 10:00 a 12:00 horas, do 13 ao 22 de maio. Aprende a utilizar o procesador de textos LibreOffice Writer para crear e editar documentos de texto.


  •     Coñece o teu móbil Android. Martes e mércores de 17:00 a 19:00 horas, do 14 ao 23 de maio. Explora as funcionalidades básicas e avanzadas do teu smartphone Android e aproveita ao máximo o teu dispositivo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
  • Coñece a app móbil do Sergas. Martes 14 de maio de 10:00 a 14:00 horas. Descubre como utilizar a aplicación móbil do Servizo Galego de Saúde para xestionar citas, consultar o teu historial médico e moito máis.


  • Coñece a sede electrónica do Concello de Arzúa. Martes 21 de maio de 10:00 a 14:00 horas. Aprende a navegar e utilizar a sede electrónica do Concello de Arzúa para realizar trámites administrativos en liña de forma segura e eficaz.


  • Certificado electrónico. Martes 27 de maio de 10:00 a 14:00 horas. Descobre todos os trámites en liña que o teu certificado dixital te permite realizar na administración pública.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Todos os cursos son gratuítos para os cidadáns de Arzúa. As prazas son limitadas, así que asegúrate é necesario inscribirse a través do correo cemit.arzua@xunta.gal co teu nome, apelidos e teléfono de contacto.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page