A asistencia é gratuita, pero é necesario inscribirse previamente
Ecos da Comarca/Silleda

O vindeiro sábado 18 de novembro haberá unha segunda edición da charla sobre “Comunicación aumentativa e alternativa no día a día”. Debido ao éxito de participación e interese que tivo a anterior, que foi o 30 de setembro, a asociación local Aupa Deza e o
Concello de Silleda volvérona organizar.
Publicidade
Esta sesión, de 4 horas de formación, comezará ás 10:00 horas no Centro Social dos Maiores en Silleda. De novo será Alba Pérez Fernández a encargada de impartila.
Publicidade

Esta charla sobre o autismo está destinada tanto a familias coma a profesionais do ámbito educativo e aberta a toda persoa interesada. É gratuíta pero para asistir hai que inscribirse chamando ao teléfono 986 592 037.
Comments