top of page

Nova concentración de Correos de Lalín tras 11 meses de protestas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Traballadores de Correos de Lalín protagonizaron unha nova concentración tras 11 meses de prostestas, nunha semana onde se atopa en activo só o 60% da plantilla, tal e como informan.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Esta circunstancia implica unha maior demora da habitual na provisión do servizo, xa que a maior parte dos carteiros e carteiras teñen que afrontar na actualidade o dobre da carga de traballo que corresponde ó seu posto". (ECOS DA COMARCA ESTIVEMOS FALANDO CON ELES NO MES DE XUÑO. COMPARTIMOS DE NOVO VÍDEO).

Unha vez máis, sinalan, "ademais das catro vacantes, seguimos sufrindo as sobrecargas

de traballo de non cubrir tampouco baixas, vacacións nin asuntos propios. Igualmente está a punto de cumprirse un ano desde a última asignación de traslados, cando o convenio contempla nove adxudicacións anuais. Á vez que as solicitudes de conciliación seguen sen atenderse ou ofrécese como solución un concurso de traslados que non están executando a pesar do recollido no convenio".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page