Nova Alternativa de Vila de Cruces propón construir unha base para o aterraxe de helicópteros
- ecosdacomarca

- 23 may 2023
- 1 Min. de lectura
Sería a carón do centro de saúde do casco urbano
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Agrupación de electores Nova Alternativa de Vila de Cruces vén de anunciar a súa proposta para a construción dunha base para o aterraxe de helicópteros a carón do centro de saúde do casco urbano cruceño.

A Agrupación esgrime como unha necesidade este novo servizo que mellorará a
capacidade de resposta do Concello ante unha emerxencia, principalmente aquelas de
índole médica, xa que se atoparía nunha zona perfectamente comunicada e polo tanto,
sería rápido acudir a mesma para achegar ao usuario ao helicóptero. Teñen ademais en conta que o mesmo se atoparía preto do campo de fútbol e do colexio, e mesmo nas inmediacións da residencia da terceira idade, o que cubriría dun xeito extraordinario unha zona ampla de actividades máis sensibles a lesións ou emerxencias da saúde.
Nova Alternativa indica que “estas si son as pequenas cousas que fan pobo e que aportan solucións, e así vai ser a nosa liña de traballo, a de plantexar servizos necesarios, sostibles e realmente factibles dende o punto de vista social e económico”.

No eido da seguridade e as emerxencias, Nova Alternativa pretende levar acabo logo das eleccións do 28 de maio, unha folla de ruta clara que vai na liña de normalizar o
funcionamento da agrupación de voluntarios de protección civil, para a cal aparte haberá que traballar na mellora da súa dotación no que a medios técnicos se refire, tal e como subliña.






Comentarios