Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Nova Alternativa de Vila de Cruces pronúnciase sobre a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e sobre a importancia das concentracións parcelarias.
"Actualmente o concello de Vila de Cruces réxese, dende o punto de vista urbanístico, polas “Normas Subsidiarias aprobadas no ano 1993”, en todo o que non se contradigan coa Lei do Solo de Galicia en vigor. É posible construír novas vivendas unifamiliares alí onde foron delimitados núcleos rurais naquel momento, sempre que se conte cunha finca dentro do núcleo que cumpra coas condicións de edificación que nas normas se indica", sinala.
En febreiro do ano 2014, lembra, tivo lugar a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), "no que se propoñía unha nova delimitación para boa parte dos núcleos rurais do municipio, así como a creación doutros novos que non estaban delimitados nas normas. Estas delimitacións que se propoñían foron previamente expostas en reunións mantidas cos veciños nas distintas parroquias".
Feita a aprobación inicial do documento, sinala, "someteuse este a exposición pública, abrindo período de alegacións e solicitando as distintas autorizacións sectoriais necesarias. A partir disto corresponde resolver as alegacións que se presenten e efectuar as distintas modificacións que os distintos organismos onde se envía indiquen para dar a súa aprobación, sendo que algún dos organismos, como foi o caso de patrimonio, tardou dous anos en emitir a súa resolución. Mentres houbo que esperar polas referidas resolucións cambiou a Lei do Solo de Galicia, o que obriga a modificar novamente o documento aprobado para adaptalo a nova Lei, cun custe engadido que supón a modificación do documento para adaptalo a unha lei distinta da que estaba en vigor cando se elaborou. Feitas e expostas as modificacións correspondería solicitar a aprobación definitiva".
O partido cruceño subliña que "é un proceso largo e complexo para calquera equipo de goberno que lle toque acometelo, pola cantidade de distintos organismos que teñen que autorizalo, pero tanto máis o será canto máis tempo se manteña paralizada a súa tramitación polo que debese continuar coa mesma ata terminar aprobándoo definitivamente para, entre outras cousas mellorar a delimitación dos núcleos rurais existentes e procurar a inclusión daqueles que antes non estaban delimitados pero agora están consolidados, habilitando novas zonas de construción de vivendas unifamiliares tamén no entorno do casco urbano".
Ademais Nova Alternativa propón retomar ata concluír definitivamente a tramitación do (PXOM), para dotar ao concello de unha ferramenta de desenrolo urbanístico actualizada e adaptada as necesidades actuais.
Por outra banda e no que respecta á ordenación rural e en concreto, ás concentracións parcelarias, destaca que "é importante contar para o medio rural con profundos cambios na ordenación das parcelas agrarias de xeito que as explotacións existentes teñan maior base territorial para redimensionarse e ser máis viables, ou incluso que esa concentración de fincas poida supoñer a creación de espazos necesarios para a implantación de
novos proxectos de índole agraria, tanto no ámbito agrícola-gandeiro como no forestal".
Nova Alternativa plantexa no seu programa dotar dun maior impulso ás peticións para a realizacións das concentracións parcelarias das parroquias de Arnego, Loño e Toiriz, e así mesmo apoiará todas aquelas iniciativas veciñais que opten por esta forma de
reestruturación agraria, informando, asesorando e promovendo a solicitude perante a administración autonómica. "Un territorio ordenado, sempre será un territorio con máis
capacidade de ser produtivo e a maiores máis resistente aos desastres ambientais como os incendios forestais".
Comments