Nova Alternativa de Cruces plantexa melloras nos colexios e facilitar o acceso ás extraescolares
- ecosdacomarca
- 6 may 2023
- 2 Min. de lectura
Estudará a posibilidade de implantar un servizo de transporte no rural para os rapaces que queiran realizar actividades deportivas, formativas ou do ámbito do ocio e a cultura no casco urbano facilitando deste xeito a conciliación familiar
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Agrupación de electores de Nova Alternativa de Vila de Cruces presentou no día de onte o seu proxecto educativo logo de realizar un proceso de escoita e análise minucioso das necesidades existentes. Entre as propostas presentadas están aquelas que incidirán na mellora estrutural e de mantemento dos centros educativos do concello, facendo unha correcta reparación de cubertas, arranxando os paseos e mesmo sendo esixente coa Consellería de Educación naquelas cuestións que poidan ser maior calado e nivel orzamentario.

A agrupación de electores considera que entre as actuacións necesarias e factibles dentro das competencias e posibilidades do Concello, cousa sobre a cal pivota o seu ideario político é o de sempre propoñer actuacións realistas, está o feito de dotar a todos os centros de pistas cubertas nos patios dos colexios e o de colocar cubertas nas zonas de espera do autobús para que os escolares non sufran a diario as inclemencias do tempo.
Así mesmo, consideran que dende o Concello se debería xestionar e ir traballando na
unificación dos diferentes colexios en concreto o coñecido como Grupo vello do casco na área do centro novo, para deste xeito mellorar os servizos educativos e mesmo as comodidades de toda a comunidade educativa, pais/nais, rapaces/as e docentes.
Asistente de compaña
Nesta mesma orde de cousas, Nova Alternativa exporá a realización dun estudo que calibre a posta en marcha de dúas actuacións novidosas que vaian na dirección de facilitar aos rapaces, principalmente os das parroquias rurais, a participación nas actividades extraescolares que se realizan de xeito principal nas instalacións do casco.
Así falada da creación da figura dun Asistente de compaña para os rapaces para acompañar aos mesmos entre as diferentes actividades que poidan realizar nun mesmo día, será unha das figuras propostas, ofertando deste xeito unha maior seguridade aos escolares e ao mesmo tempo unha saída para os pais ante as dificultades de realizar constantes viaxes ao casco para posibilitar que os seus fillos acudan a máis dunha actividade.
Do mesmo xeito, Nova Alternativa considera que hoxe é difícil que moitos rapaces do rural se poidan achegar ao centro para acudir a actividades deportivas, formativas e do ámbito social e cultural ao dispoñer os seus proxenitores de tempo, polo cal entenden que sería necesario estudar a posibilidade de implantar un servizo de transporte diario que facilite este desprazamento dando máis oportunidades aos escolares e mellorando igualmente os servizos municipais orientados á conciliación familiar.
Comentários