Demanda unha redución do 0,6 % ao 0,3 %
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal de Nova Alternativa, a través do seu representante no Concello de Vila de Cruces e de acordo cos dereitos que lle outorga o artigo 46.2 da lei 11/99, de 21 de abril, de modificación da lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, presenta ante o pleno da corporación de Vila de Cruces, aos efectos de acadar a súa aprobación, unha proposta consistente na rebaixa do tipo de gravame que se aplica para os bens de natureza rústica, rebaixando dende o 0,6 % ao 0,3 %.
"O Imposto de Bens Inmobles (IBI) e un tributo directo de titularidade municipal que grava o valor catastral dos bens inmobles, urbanos e rústicos, tanto do solo como das construcións, na maneira que se indica no “Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales” (art. 60- 77). O tipo mínimo de gravame a aplicar e do 0,4 % para bens de natureza urbana e do 0,3 % cando son bens de natureza rústica, e o máximo, 1,10 % en bens urbanos e o 0,90 % para rústicos. É competencia de cada Concello fixar, dentro dos límites indicados, o tipo de gravame a aplicar para cada tipo de ben", explica.
Con anterioridade ao ano 2011, en Vila de Cruces, sinala "o tipo de gravame a aplicar no I.B.I. correspondía co mínimo permitido tanto para os bens de natureza urbano (0,4%) como para os de natureza rústica (0,3%). Naquela época, de forma transitoria, a administración estatal fixou o tipo mínimo a aplicar no 0,6% para todos os concellos. Pasado o período transitorio determinado os valores mínimos volveron aos mesmos valores que antes do 2011. A partir dese momento, en Vila de Cruces, volveuse a aplicar o tipo de gravame mínimo no 0,4 % para os bens de natureza urbana. En canto aos bens de natureza rústica, quedou fixado no 0,6% por acordo plenario de novembro de 2012".
Publicidade
O motivo polo que o IBI de rústica quedase fixado definitivamente no 0,6 %, apunta, "namentres que o de urbana se volveu ao 0,4 % tan pronto foi posible, radica en que a valoración catastral dos bens de natureza rústica era, proporcionalmente, moi inferior ao dos bens de natureza urbana de maneira que, aínda aplicando un coeficiente dúas décimas maior, a cantidade a pagar por unha propiedade rústica respecto a unha urbana con valor de mercado similar, era moi inferior. A isto uníase o feito de que non se topaban catastradas a maioría das construcións de uso agrícola ou gandeiro".
Nestes últimos anos, sinala, que dende a Dirección Xeral do Catastro procedeuse a dar de alta e revalorizar a práctica totalidade das construcións do referido tipo de uso (granxas, almacén agrícolas e gandeiros, cubertos, etc), considerándoos como bens de natureza rústica, polo que corresponde aplicarlles o tipo de gravame do 0,6%.
Publicidade
"Isto supuxo un incremento moi considerable para os recibos de rústica, pois si ben o valor das fincas rústicas sigue sendo proporcionalmente moi inferior ao das de natureza urbana, non ocorre o mesmo coas construcións que se inclúen no mesmo recibo, xa que despois da regularización e revalorización efectuada, o valor catastral das construcións consideradas como rústicas e proporcional ao das consideradas como urbanas. E por isto que pode considerarse que aplicarlle un tipo de gravame superior e inxusto para os seus propietarios, moitos dos cales, por outra parte, tamén son contribuíntes no I.B.I. de urbana. Ademais, trátase de un sector, o agrogandeiro, fundamental para cumprir os obxectivos de fixación de poboación no rural, favorecendo na medida do posible a súa rendibilidade, sempre tan dependente das frecuentes flutuacións dos prezos dos produtos, mentres os custes aumentan de forma continua".
Ante todo insto, a Nova Altenativa insta ao equipo de goberno a que efectúe os trámites necesarios para modificar o tipo de gravame a aplicar no I.B.I. de natureza rústica ata o mínimo do 0,3 %, ou, polo menos o 0,4%, quedando neste último caso equiparado ao de urbana.
Comments