Subliña que o obxectivo é "acadar un Concello dende a planificación e boa organización con máis transparencia e cun avance sostible"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Agrupación de electores Nova Alternativa de Vila de Cruces anuncia a celebración do seu mitin en Vila de Cruces no Auditorio Xosé Casal para o vindeiro xoves, 25 de maio, ás 21:30 horas. A agrupación cruceña explicará no mesmo o porqué do seu nacemento, a súa liña de acción e as súas propostas "para acadar no futuro un concello que dende a boa organización e unha correcta planificación sexa máis transparentes para a veciñanza e
traballe na busca dun avance sostible tanto dende o punto de vista ambiental como financeiro".
Nova Alternativa trasladará aos asistentes ao acto "que dende o principio pretenderon
facer un programa que fora na liña de mellorar os servizos á poboación e plantexar
melloras cuxo obxectivo fora crear unha Vila de Cruces onde os veciños puideran ter
mellor calidade de vida".
Os cruceños, sinala, "veñen advertindo dende hai semanas que outras opcións políticas están entrando nunha disputa programática e plantexando medidas que non son acordes nin ás necesidades reais dos veciños nin moito menos ás posibilidades económicas dun
Concello, onde non solo hai que ter en conta os custes de realización das propostas,
senón tamén o que supón o mantemento dalgunha infraestruturas das que se vén
falando nos vindeiros anos".
En relación a isto, Nova Alternativa aproveitará este acto do xoves "para facer ver aos
seus veciños que a súa acción futura pasa polo rigor e non por facer castelos no aire,
o que conleva de por si que nunha potencial negociación post electoral na busca de
apoios, nunca chegarán a acordos con opcións políticas ou entidades que non
plantexen medidas ou actuacións feitas dende sentido común e a responsabilidade,
poñendo un límite moi claro, que as mesmas sexan necesarias para os veciños e que
sexan asumibles dende o punto de vista económico para non supoñer un problema
financeiro para o Concello" .
Comments