Nones Araújo, nova gañadora do premio Modesto R. Figueiredo de narración curta fallado en Silleda
- Laura Moure

- 29 ene 2022
- 2 Min. de lectura
Mariña Pérez Rei e Xosé Lois Rúa Nuñez acadaron os dous acceses nesta 47 edición do certame
Laura Moure/Silleda
O premio de narración curta Modesto Rodríguez Figueiredo, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro, vén de fallarse no Concello de Silleda, que colabora, por sesgundo ano
consecutivo na que é xa a 47 edición do certame. A mestra e escritora Nones Araújo (Riós, 1953), alzouse co galardón polo relato Paseniño… a desmemoria”, unha narración, a decir do xurado, breve, sen artificios, natural e realizada cunha linguaxe de moita calidade. O xurado destaca ademais a temática interesante do relato, “onde sobresae significativamente a desmemoria das palabras e se define nunha boa construción literaria”.
Afincada dende nena en Vigo, Nones Araújo é mestra xubilada e suma este novo galardón a outros recoñementos como o premio Ánxel Fole de narración curta por Imaxes Roubadas, coa que gañou o premio en 2021. Este primeiro premio do Modesto R. Figueiredo está dotado cun premio económico de 1.000 euros.
O xurado
O xurado estivo formado por Tareixa Pérez Tilve –mestra e escritora, en representación do Concello de Silleda-, Xosé M. Eiré –da Asociación Galega de Crítica Literaria-; Rubén Eiré –representante do Pen Glube Galicia; Agustín Agra ( pola AELG) e Adolfo Caamaño ( pola Fundación Pedrón de Ouro, como gañador do pasado ano), baixo a presidenca de Xosé Ramón Fandiño Veiga (presidente do Pedrón de Ouro), actuando como Secretario, David Otero, Secretario da citada fundación.

Na sesión, tamén se decidiu outogar outros dous acceses. O primeiro deles é para Mariña Pérez Rei polo relato A pérfida gringa. Profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Eduardo Pondal de Santiago, ten publicada obra en diferentes xéneros e suma este recoñecemento a premio como o Antón Lueiro Rei, o Lourenzo Baleirón de poesía e o Avilés de Taramancos de relato de aventuras.
O segundo accese foi outorgado ao relato O fado das marafonas, da autoría de Xosé Lois Rúa Nuñez (Castrelo de Val 1951), escritor e xornalista ourensán.
Cada un destes premios conta cunha dotación de 400 euros. O acto de entrega realizarase o vindeiro mes de marzo no municipio de Silleda. Nesta edición concorreron un total de 57 traballos. O Modesto Rodríguez Figueiredo é o premio de narracións de máis anos en Galicia, e conta cun carácter itinerante facendo participes cada ano a distintos concellos de Galicia. O de Silleda xa foi sede na edición do pasado ano, que mor da pandemia se entregou máis tarde do previsto.
Dende o Concello e a Fundación valórase a gran acollida que vén tendo esta convocatoria cada ano, destacando as obras de autores e autoras novos, e cunha grande nómina de autores gañadores que forman parte da coñecida como “Xeración Pedrón”.







Comentarios