top of page

"Non queremos un centro de saúde baleiro, queremos unha atención sanitaria digna”, di a rexedora de Antas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ante a licitación do novo ambulatorio, o Concello sinala que "O que desexamos é que sexa a primeira de máis boas novas que deben chegar, xa que seguimos reclamando servizos médicos e de enfermería de calidade para a nosa poboación"


Laura Moure/Antas de Ulla

Onte anunciamos que a Xunta licitará no mes de xaneiro as obras de construcións dos novos centros de saúde de Antas de Ulla. “O que desexamos é que sexa a primeira de máis boas novas que deben chegar, xa que seguimos reclamando servizos médicos e de enfermería de calidade para a nosa poboación; non queremos un centro de saúde baleiro, queremos unha atención sanitaria digna”, asegura a alcaldesa deste municipio, Pilar García Porto.

O Concello de Antas de Ulla xa recolleu máis de 1.000 sinaturas de veciños e veciñas “para esixir á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia unha boa asistencia sanitaria". As protestas en Antas de Ulla sucédense desde hai meses. De feito, xa no mes de xuño a alcaldesa demandoulle por carta ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, “que cubra a praza do médico xubilado no centro de saúde”.


Publicidade  

“A praza do médico debe cubrirse a tempo completo, unha xornada parcial non chega para atender as necesidades dunha veciñanza tan envellecida como a de Antas de Ulla”, engade García Porto, que solicita ademais “reforzos en enfermería”. “Os concellos do rural temos os mesmos dereitos que os demais e necesitamos uns servizos públicos de calidade para frear a despoboación”, sostén a alcaldesa. “Coa saúde non se pode xogar”, remata.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No centro de saúde de Antas de Ulla a súa superficie pasará dos 295 m2 do actual aos 850 m2 previstos no novo edificio. Grazas á ampliación, Antas de Ulla contará cun centro de saúde renovado en canto á distribución e instalacións e gañará espazo para unha consulta, tal e como subliña a Xunta. Actualmente dispón de dúas consultas de medicina, dúas de enfermaría, unha sala polivalente, unha de toma de mostras e unha sala de xuntas e de persoal.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page