top of page

"Non máis viñedo industrial na Ulla! Stop ao proxecto de Martín Códax"

A Asociación Defensa da Ulla Verde, o Sindicato Labrego Galego da Comarca da Ulla e a Plataforma Sí a un rural vivo unen forzas na loita contra a expansión do viñedo industrial


Ecos da Comarca/Xeral

A Asociación Defensa da Ulla Verde, o Sindicato Labrego Galego da Comarca da Ulla e a Plataforma Sí a un rural vivo, están coordinando distintas actividades para "fortalecer a loita na defensa da vida, da saúde, da biodiversidade, da paisaxe e da economía local da Comarca da Ulla, que se ven seriamente ameazadas pola expansión do viñedo industrial que prolifera a ambos lado do río Ulla".

Neste sentido manifestan o seu contundente rexeitamento ao proxecto da Adega Martín Códax de implantar novos viñedos no concello de Vedra, concretamente nas parcelas “Revolta das Devesiñas” en Trobe, “Sarandón” en San Pedro de Sarandón e “Palomar e Almestro” na parroquia de Ponte Ulla.


"Este proxecto, que afectaría a máis de 18,5 Ha, vén a agravar aínda máis todos os impactos do viñedo industrial que vimos denunciando na comarca e que podemos resumir en:

  • Contaminación das augas, do aire e do solo por abonado, herbicidas e pesticidas, o que supón un grave risco para a saúde das persoas que habitamos a comarca e para a fauna incluída a acuática.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
  • Perda de biodiversidade e impacto paisaxístico coas talas masivas de monte e de especies autóctonas.

  • Ameaza para as pequenas adegas que se verán desprazadas dos mercado locais e de proximidade pola presión das grandes adegas e máxime nun contexto de forte inestabilidade dos mercados de exportación.

  • Ameaza tamén para os viticultores e as viticultoras que venden a uva ás adegas que poden sufrir importantes baixadas de prezos ou incluso non ter quen lle compre as uvas como pasou esta última vendima na Ribeira Sacra.

  • A comarca da Ulla é unha comarca cunha importante produción hortícola que pode verse seriamente afectada por residuos de pesticidas do viñedo".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sinalan que "Martín Códax ten presentada solicitude de cambio de uso das parcelas e neste momento a proposta de avaliación de impacto ambiental simplificada vén de ser publicada e atópase en fase de exposición pública e consulta. Pola nosa parte, poñeremos en marcha unha serie de asembleas co obxectivo de informar do proxecto e tamén para facilitar a presentación de alegacións ás persoas afectadas".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page