top of page
Foto del escritorecosdacomarca

"Non hai ningún documento do 061 onde se planifique unha ambulancia para Lalín", afirma Alba Forno

O PSOE de Lalín lamenta "que se trata de unha simple promesa electoral baleira

de contido e de orzamentos e que ademais non resolve os problemas de Lalín”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín a través da súa candidata á Alcaldía, Alba Forno, afirmou este mércores “que non existe ningún documento do 061 no que se fale dunha nova ambulancia como a que promete o PP para Lalín, é todo fume electoral” e cualifica a promesa de Crespo coma

“unha fuxida cara adiante” ante o seu reiterado incumprimento dunha ambulancia

medicalizada para Lalín.

Os/as socialistas afirman “que nin na planificación do 061 nin nos orzamentos está

prevista unha nova ambulancia para Lalín, están mentindo unha vez máis” e indica que

“ademais que non serviría de nada pois deixaría a Lalín sen recursos polas noites”. Forno

sinala que “xa chega de enganos á veciñanza de Lalín, estamos fartos e o máis incrible é

que agora utilicen a unha organización, a priori seria coma o 061, para facer campaña”.


Alba Forno tamén lamenta o desprezo aos sanitarios de Lalín “que non dan crédito a

resposta do Sergas e do 061 as súas reclamacións"; as suas peticións son para mellorar a calidade asistencial nas urxencias e na atención aos pacientes.

Dende o PSOE lembran que para cubrir os 1027 km 2 de Deza e con unha poboación de

máis de 42.000 habitantes e 113 parroquias non se dimensionen os recursos axustados á

demanda "e se opte con enganos continuos cando a xente está sufrindo por culpa da mala

xestión que da Sanidade o PP fai no Deza" e afirma que “Crespo é responsable, pois

transformouse nun mansiño mentres se xoga con temeridade coa saúde dos lalinenses e

lalinensas”.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page