Non dá saído do seu coche tras sufrír unha saída de vía en Rodeiro
- ecosdacomarca

- 21 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Na madrugada do sábado para o domingo, sobre ás 2 horas, produciuse unha saída de vía en Rodeiro que se saldou sen feridos.

Tal e como informa o 112 Galicia foi na estrada PO 212 entre os quilómetros 6 e 7 en San Cristovo de Az, xa a poucos quilómetros do concello de Agolada. Ás 9:00 horas foron alertados por un particular. "Un particular avisounos de que había un coche entre a maleza. Pero xa a propia persoa que conducía o vehículo nos chamara de madrugada para dicirnos que se saíra da vía, que estaba ben, pero que debido a gran cantidade maleza non daba saído do coche", informa o 112 Galicia.
Publicidade
Ademais sinala, que tivo que saír coa axuda de Protección Civil, pero que non precisou asistencia médica. A Garda Civil tamén se acercou ata o lugar a media mañá de onte, xa que o vehículo permanecía alí.







Comentarios