top of page

NON Á GUERRA, NON Á MORTE E SUFRIMENTO DE INOCENTES

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

24 de febreiro de 2022. Unha data que xa queda marcada na historia mundial e por desgraza non por boa cousa. Século XXI. Un século onde os diferentes ámbitos da vida están mudando a un paso axigantado, sobre todo, con boom das novas tecnoloxías. O único virus o que lle temiamos no noso día a día era aquel que podía infectar ao noso ordenador ou móbil.


Un século no que nos tocou vivir unha pandemia (unha palabra que moitos descoñeciamos o seu significado ou polo menos non sabiamos todo o que supón). Moitas veces, ao longo destes meses, escoitamos: o coronavirus: a nova guerra do século XXI: unha guerra silenciosa, invisible... pero letal, na que as armas físicas non existen, pero mata igual. Pero, que ilusos... Ano 2022, século XXI, a pandemia aínda facendo acto de presencia... e volve unha GUERRA, SI, EN MAIÚSCULAS, que afecta a dous países europeos (Recalcando que Rusia sitúase na Eurasia). Que está pasando????


Hoxe despertamos con esta triste noticia: Rusia levou a cabo as súas ameazas e lanza un ataque militar masivo contra Ucrania. Pero por que? Realmente, o conflito entre Rusia e Ucrania comezou no 2014, cando os rusos tomaron o control de Crimea, acrecentando a enemistade de ambas nacións. Ademais, dende ese ano, Putin apoio ás forzas separatistas de dúas rexións do este de Ucrania: Donetsk e Luhansk, as cales recoñeceu independentes.


Pero realmente existe un motivo razonable para declarar unha guerra que provocará a morte de tantos inocentes, o enfrontamentos de persoas que nin siquiera decidiron loitar...? Merece a pena tanta sangre e dor? O equipo de ECOS DA COMARCA berra un NON rotundo. Ningún país, de ningún continente (porque non podemos esquecernos de tantas outras guerras que siguen afectando por exemplo, a Asia), merece verse envolto de conflitos porque así o decidan uns impresentables, como ben o di MAFALDA nesta viñeta: "Si los cobardes que deciden las guerras tuvieran que ir a pelearlas viviriamos todos en PAZ".


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page