top of page

Noia, o seguinte obxectivo para o palense Luis Vilariño e Enrique Velasco

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será a segunda cita da tempada de ralies para esta dupla a bordo do Hyundai i20 R5


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Campionato Galego de Rallies non dá un respiro aos equipos e con tan só unha semana de diferenza a dupla Vilariño-Velasco volverá subirse ao Hyundai i20 R5 do piloto de Palas de Rei para tentar pelexar por un bo resultado no Rali Berberecho de Noia, que se celebrará esta fin de semana.

A segunda cita do certame autonómico disputarase en dúas xornadas que completarán un percorrido de dez especiais e algo máis dun centenar de quilómetros cronometrados. O palense Luís Vilariño chega co obxectivo de tentar pelexar polos postos de honra nos sempre complicados tramos noieses, nos que non compite desde fai catro tempadas, polo que gran parte do percorrido será totalmente novo para el.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Analizaba así as súas sensacións: “Na Coruña fomos de menos a máis, cambiando moitos reglajes e probando diferentes configuracións de suspensións que nos deron un gran feedback, que esperamos poder aproveitar para estar máis preto da pelexa polos postos de cabeza a próxima fin de semana en Noia. O noso obxectivo é pelexar pola vitoria entre os vehículos da categoría R5/Rally2, e se é posible tentar subir todo o máis alto do podio da xeral absoluta".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, confesa que "vai ser todo un reto para o equipo, pois os tramos noieses son rápidos e sen marxe para o erro, polo que vai ser unha fin de semana intensa para todos. Esperamos poder gozar do gran ambiente que hai sempre nesta proba, na que a vila se envorca totalmente coa proba, polo que sempre hai un plus de motivación.”


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page