Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Noel López asiste á súa primeira convocatoria coa selección española sub-19

O Silledense pertenecente o R.C Deportivo da Coruña foi convocado para disputar os partidos contra México, que se disputarán na Nucia e Benidorm os días 3 e 5 de setembro


IsmaelRS/Silleda

O Silledense Noel López pertenecente o R.C Deportivo da Coruña foi convocado para disputar os partidos amistosos contra México do 30 de agosto ao 7 de setembro na localidade alacantina de Alfaz do Pi, debido o seu bo papel na campaña pasada. Para esta aventura estarás acompañado doutros dous deportivistas como son: Trilli e Dani Barcia. Cabe recordar que para o Silledense tratase da súa primeira convocatoria coa selección española sub-19.


Cabe recordar que Noel adestrouse con asiduidade este verán cos profesionais. Noel xa debutara esta pretemporada en partido amigable ás ordes de Borja Jiménez.

Os convocados concentraranse o luns 30 de agosto, após o primeiro partido de liga ante o RC Celta B en ABANCA-RIAZOR previsto para o domingo 29 de agosto ás 21:30 (Footters). O regreso será o domingo 5 de setembro, polo que sera baixa na segunda xornada de liga, coa visita ao CD Tudelano.


O calendario de partidos da selección española sub-19 é o seguinte:

Venres 3 de setembro

  • 20:00: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Olímpico Camilo Cano na Nucía

Domingo 5 de setembro

  • 11:30: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Guillermo Amor de Benidorm

Noel, Barcia e Trilli xogadores convocados do Deportivo da Coruña. Fonte: R.C. Deportivo

24 visualizaciones0 comentarios