top of page

"Ningunha das familias afgás pediu retirar a virxe da Casa do Arco", informa o Concello de Sobrado

"Condenamos este tipo de información non só por ser totalmente errada, senón tamén porque estes rumores poden ir contra a igualdade e inclusión pola que levamos anos traballando", recalca


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado dos Monxes emitiu hoxe un comunicado a través das súas redes sociais para desmentir unha información relacionada coas familias afgás que residen neste municipio.

Comunicado

"Nos últimos días circulou unha información falsa relacionada coas familias afgás que viven no concello de Sobrado. Ante isto, o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, quere aclarar o seguinte:


Ningunha destas familias contactou co Concello para solicitar a retirada da virxe que preside a Casa do Arco, na entrada do Mosteiro de Santa María e da igrexa parroquial de San Pedro de Porta.


Desde o Concello condenamos este tipo de accións. Non só porque esta información é totalmente errada, senón tamén porque entendemos que estes rumores poden ir contra a igualdade e inclusión pola que levamos anos traballando.


O obxectivo da acollida destas familias é, precisamente, o contrario: contribuír a fixar poboación nas zonas rurais e axudar a estas persoas para que poidan comezar unha nova vida en Sobrado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Pregámosvos que non deades pábulo a este tipo de informacións e que, en caso de dúbida, recorrades sempre ás fontes de información oficial. Neste caso, ao propio Concello".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page