top of page

Nieves Esther Taboada Estévez, a persoa máis lonxeva de Silleda, cumpre 106 anos!

Ecos da Comarca/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar Social, Ángela

Troitiño, visitaron onte a residencia de maiores da Ponte para felicita a Nieves Esther Taboada Estévez polo seu 106 aniversario.

Taboada, veciña de Siador, é a persoa máis lonxeva de Silleda, razón pola cal foi escollida para amadriñar o ano pasado a inauguración da nova casa consistorial. Ademais, o municipio silledense ten que lle agradecer a cesión de terreos para construír os depósitos de auga no Marco, que dan servizo a esta parroquia e a seis máis.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información.

É así mesmo a primeira protagonista de (In)visibles, a campaña coa que o Concello de Silleda está recoñecendo durante este ano a traxectoria de doce mulleres do municipio, unha por mes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nieves, que chegou a centenaria vivindo soa no seu domicilio, celebrou onte o seu aniversario na residencia dando mostras dunha saúde de ferro e moi bo ánimo. Parabéns!

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page