top of page

Nicolás González Casares imparte a conferencia ‘Paz e democracia’ o 20 de maio en Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A aula da UNED Lalín acolle este encontro no marco do 50º aniversario da UNED


Laura Moure/Lalín

Nicolás González Casares, o eurodeputado lalinense e socialista e membro da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, impartirá a conferencia Paz

e democracia o vindeiro venres 20 de maio na aula UNED Lalín. Coa celebración do Día de Europa presente, no que se conmemora cada 9 de maio a firma da ‘Declaración de Schuman’, o parlamentario falará da necesidade de continuar a defender a “cultura do diálogo” e abordará os retos aos que se enfronta a Unión Europea.

A conferencia, gratuíta e con entrada libre ata completar aforo, terá lugar ás 11:00 horas na aula UNED Lalín. O evento forma parte das actividades deseñadas polo 50º da UNED. As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia da UNED poden matricularse na súa páxina web.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page