top of page

Nicolás González Casares convida ao Colexio María Inmaculada de Silleda a visitar o Parlamento Europeo

O estudantado puido coñecer de primeira man o funcionamento das institucións europeas


Ecos da Comarca/Silleda

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares facilitou que un grupo de mozos e mozas do CPR María Inmaculada de Silleda realice unha visita ao Parlamento Europeo para coñecer de primeira man o funcionamento das institucións europeas. Durante a súa estancia, o estudantado tivo a oportunidade de vivir un momento histórico, xa que a súa visita coincidiu coa intervención en pleno do presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski.

González Casares, natural de Lalín, explicoulles os intensos días que se viven en Bruxelas e Estrasburgo, especialmente nun contexto de negociacións chave para a aprobación da nova Comisión Europea. Ademais, o eurodeputado compartiu coa xuventude como se articulan as decisións que afectan a toda a cidadanía europea, reforzando a importancia da participación activa na política europea.

 

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta visita foi posible grazas ao empeño e compromiso da alcaldesa socialista de Silleda, Paula Fernández, quen traballou intensamente para que o estudantado do seu municipio poida gozar desta experiencia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page