top of page

Nelssy Soriano liderou onte a masterclass do queixo Arzúa-Ulloa no centro de formación Efa Piñeiral

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Foi unha acción formativa enmarcada dentro do programa Sabores e Saberes do Camiño


Laura Moure/Arzúa

Ó abeiro da 46ª edición da Festa do Queixo de Arzúa o centro de formación profesional Efa Piñeiral acolleu onte a masterclass co queixo Arzúa-Ulloa como protagonista na que a chef Nelssy Soriano visibilizou a gran potencialidade deste queixo na cociña e na repostaría.

Nelssy Soriando durante a masterclass.

Soriano realizou tres elaboracións, dúas salgadas e unha doce. A sesión comezou coa sobremesa FlanYago; un flan de queixo cremoso D.O.P.Arzúa-Ulloa con base de tarta de Santiago que en palabras da chef pretende ser un tributo ós dous elementos máis representativos de Arzúa, o queixo D.O.P Arzúa-Ulloa e o Camiño de Santiago. A ensalada de tomate azul con queixo Arzúa- Ulloa foi o entrante escollido para continuar coa Masterclass, e por último como plato principal elaborouse Homenaxe á nosa a terra, un queixo Arzúa-Ulloa curado recheo de polbo e grelos.


“Cando me encomendaron dende a Efa Piñeiral a realización desta masterclass tiven claro que o meu obxetivo era ensalzar a excelencia e a versatildade do protagonista, do queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa, e rodealo de produtos de tempada que acompañaran, que fixeran o coro pero que non camuflaran en ningún momento o sabor do queixo”, afirmou Nelssy Soriano. “É un gusto poder acoller no noso centro accións formativas e divulgativas como esta masterclass con Nelssy Soriano. Á fin a nosa misión, como centro de formación profesional e promoción rural, non é outra que contribuír ó mellor coñecemento, difusión e valorización do noso territorio e dos nosos recursos e esta é sen dúbida unha ocasión perfecta para facerlo”, afirma Ana Saavedra, directora da Efa Piñeiral.


A Efa Piñeiral acollerá hoxe, xoves, ás 14.00 horas unha sesión formativa, presencial e online, centrada no comercio dixital e na que se derán cita alumnado e profesionais para aprender boas prácticas na redacción de fichas de produto para a venda a través de internet.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page