Na primeira metade do século XIX Josefa de la Torre pasou 40 anos deitada na cama alimentándose só da hostia consagrada
Laura Moure/O Pino
Na primeira metade do século XIX, Josefa de la Torre (1773-1848) caeu enferma pouco despois de cumprir os 30 anos e sobrevivíu 42 anos sen comer nin beber, circunstancia acreditada polas autoridades médicas, civís e relixiosas da época. Juan Félix Neira Cruz, catedrático de Latín do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, presentou este martes no Pino o libro A Espiritada de Gonzar. Do xaxún á santidade no que narra a historia desta veciña de Gonzar que se alimentaba só da hostia consagrada que lle levaba o cura de cando
en vez.
Juan Félix Neira recolle no libro moita documentación inédita sobre o caso, “que ata o
momento permaneceu muda nos arquivos”, dixo durante a presentación. O autor agradeceu a colaboración do Concello de O Pino, especialmente a do seu alcalde, Manuel Taboada, e a da Deputación da Coruña, que fixeron posible a publicación deste libro.
Manuel Taboada agradeceulle ao autor o traballo realizado para investigar máis sobre a vida dunha veciña do Pino que, no seu día, “chamou a atención de moitos persoeiros e
institucións, dende o Arcebispado de Santiago, ata a Academia Galega de Ciencias, estamentos militares ou Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán”, asegurou.
Publicidade
Para Juan Félix Neira, este “é un caso de película”. En 2022 estreouse El prodigio, ambientada na rexión das Midlands irlandesas e que conta a historia dunha nena de 11 anos que en 1862 estivo anos sen comer. “Aínda que posterior no tempo, é un caso similar ao de Josefa de la Torre”, asegurou o autor durante a presentación.
Á presentación deste libro asistiron a concelleira de Cultura do Pino, Eva Varela, e veciños do municipio. Juan Félix Neira Pérez é catedrático de Latín no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, e profesor de Literatura Española e Clásica na UNED da Coruña. Xunto á docencia gusta da investigación arquivística. Actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre a arte relixiosa no arciprestado de Seaia.
ECOS DA COMARCA tamén publicamos sobre isto: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-muller-do-pino-que-estivo-40-anos-sen-comer
Comments