top of page

Nas XX Xornadas de Limpeza do río Furelos recolléronse un total de 837,50 quilos

A Asociación Troiteiros Río Furelos levará a cabo en outubro unhas charlas con vídeos informativos polos centros de ensino da Terra de Melide



Laura Moure/Melide

No marco das XX Xornadas de Limpeza do río Furelos e os seus afluentes, a Asociación Troiteiros Río Furelos leva realizando dende o ano 2005, este pasado sábado día 28 de setembro de 2024, levouse a cabo no río Martagona dende a Ponte do Ribeiro ata 600 metros aguas arriba da Captación de Augas para o Consumo do Concello de Melide no lugar de Corbelle a derradeira xornada de limpeza, retirando o lixo acumulado (plásticos, botellas, arames de espiño, lonas dos silos agrícolas, etc), co obxectivo de deixalos libres de lixo en total 187,50 kg, que xunto cos dos días anteriores no río Furelos fai un total de 837,50 kg.


"Recordar que o obxectivo é dar a coñecer o importante dos ríos, amosar o problema e buscar solucións", recalca o colectivo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, avanza que no vindeiro mes de outubro levará a cabo unhas charlas con vídeos informativos polos centros de ensino da Terra de Melide.

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page