top of page

Narón, seguinte obxectivo nacional para Luis Vilariño

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O piloto de Palas de Rei parte entre os favoritos aos postos de honra da segunda cita da Copa de España de Rallies de Asfalto


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Tras varias semanas de descanso, nas que Luis Vilariño aproveitou para recuperarse fisicamente da lesión muscular sufrida na previa á cita inaugural da Copa de España de Rallies de Asfalto, o piloto palense competirá esta fin de semana no Rallye Cidade de Narón. No asiento da dereita do seu Skoda Fabia R5 contará novamente con David Míguez.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A cita naronesa disputarase integramente na xornada do sábado, cun total de cinco tramos a dobre pasada, aínda que o venres levarase a cabo unha renovada cerimonia de saída que nesta ocasión contará con a case 60 inscritos para percorrer o centro de Narón nunha caravana que achegará aos afeccionados á proba.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vilariño comentaba na previa á carreira: “Chegamos moi ilusionados, pois en la Llana a pesar de non estar ao 100% fisicamente puidemos marcar varios tempos moi bos, o que nos fai ser optimistas en canto ao ritmo que podemos ter. En Narón xa sabemos o que é gañar, pois temos senllos triunfos cando competiamos no certame autonómico, é unha carreira moi complicada, con moitos cruces e zonas nas que é fácil cometer un erro. Ademais, nesta ocasión a lista de inscritos é dun nivel extraordinario, o que supoñerá un plus de motivación para tentar dar o mellor de nós e pelexar polo mellor resultado posible.”


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page