top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Nais e pais do equipo infantil feminino de fútbol sala da SD Monterroso quéixanse do estado e mantemento das instalacións deportivas

Actualizado: 22 mar

Solicitan unha xuntanza urxente coa concellería de Deportes


Ecos da Comarca/Monterroso

Nais e pais do equipo infantil feminino de fútbol sala da SD Monterroso mostran as súas queixas sobre o estado e mantemento das instalacións deportivas do pobo. Solicitan unha xuntanza urxente coa concellería de Deportes "xa que, unha vez máis, as xogadoras tiveron que ir desputar a súa xornada de Liga como equipo local ao polideportivo de Taboada despois de que os colexiados suspenderan o partido na pista de Monterroso polo seu estado".

Nun comunicado enviado a este medio, sinalan que "non é un feito illado xa que teñen problemas tamén para os adestramentos semanais". Urxen unha solución para o que queda de tempada e tamén para o futuro do equipo nas próximas tempadas.


Publicidade

"Recordar que esta problemática non é algo novo, isto xa vén pasando desde fai catro anos, cando o equipo senior feminino, que militaba na liga autonómica, concretamente a nivel Galicia, tivo que dicir adeus ao fútbol sala por non ter unhas instalacións decentes onde xogar, véndose obrigadas a renunciar a xogar no equipo do seu pobo".


Publicidade

O club ten en mente seguir co proxecto e tamén solicitou melloras nas instalacións, "sen éxito ningún". Afirman que "a día de hoxe varios rapaces da vila tamén teñen pretensións de xogar, pero vendo o panorama xa nin o intentan. Todos/as sentimos rabia, sentimos vergoña, e sentimos tristeza. O crecemento do deporte depende moito do impulso que se lle dea e das ganas de darllo pero, como mínimo, dunhas condicións básicas e dignas polas que, se non nolas dan, loitaremos por elas, para que non pase o que xa pasou fai anos. #queremosxogarnonosopobo", recalcan.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page