top of page

Nai e fillo atropelados tras a colisión entre dous vehículos en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Tres persoas tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia despois de sufrir un accidente en Melide, tal e como informa o 112 Galicia.

O suceso foi comunicado ao 112 Galicia ás 18:20 horas por un particular, quen informou dun atropelo na AC-840, entre os quilómetros 51 e 52, no municipio de Melide.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ao chegar ao lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que, inicialmente, tivo lugar unha colisión por alcance que provocou que o primeiro vehículo atropelase a unha nai e ao seu fillo que cruzaban a estrada. Ademais, a condutora do vehículo tamén resultou ferida. As tres persoas foron trasladadas ao hospital polo persoal sanitario.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page