Os interesados teñen que remitir ao estudo silledense a súa proposta musical e o prazo de rematará o 15 de abril e con cada traballo seleccionado gravarase un disco
Laura Moure/Silleda
A firma silledense Xonix Récord S.L. coa colaboración do Concello de Silleda, pon en marcha o proxecto Son de Silleda, unha iniciativa para apoiar a axudar a todos os músicos do municipio que teñan traballos de interese, e que por mor do esceario actual ca Covid 19 de fondo, non teñan a financiación necesaria para levalos a cabo.
Montoto, Alarcón e González.
Son de Silleda nace vendo a merma do sector no tecido cultural, logo de que a pandemia dera ao traste moitos concertos e actuacións de artistas e grupos e cunha “nova normalidade” que segue cuestionando ao sector, coa reducción de aforos ou o peche de salas de concertos. Xonix Récords, cun estudo de gravación profesional sito en Bazar, na parroquia de Abades, encargarase da producción, gravación, mestura e mástering de cada traballo seleccionado, ademais de asinar un contrato editorial do seu selo discográfico cos proxectos escollidos e distribuir o traballo en máis de 100 plataformas dixitais.
Para participar, aqueles músicos, cantantes, bandas ou grupos (de calquera estilo musical) que estén interesados, deben de cubrir unha ficha de solicitude, que se poñerá a disposición na web do selo, e remitila ao mail managementxonix@gmail.com Logo haberá un proceso de valoración e selección dos proxectos recibidos entre personal do estudo e da Concellería de Cultura, que colabora co proxecto. Xunto coa solicitude debe remitirse tamén unha gravación de son ou vídeo a modo de mostra do traballo que se quere levar a cabo e unha pequena biografía.
Contido do disco
O contido do disco terá un mínimo de oito temas e un máximo de 10. O prazo para participar será dende este sábado día 20 e ata o 15 de abril. “Con esta proposta queremos axudar aos músicos/as de Silleda que estén interesados e que agora pasan tempos difíciles para sacar adiante traballos cun acabado profesional a baixo custe”, engaden Lolo Arincón e Paco Montoto, de Xonix Récords, que presentaron a iniciativa xunto á concelleira de Cultura, Mónica González, no estudo de gravación do selo silledense.
Xonix, ademais de selo discográfico, é tamén unha editorial musical, literaria, produtora audiovisual e axencia de management. Dende o Concello de Silleda, Mónica González, destaca a iniciativa desta entidade silledense, e apunta que Son de Silleda “é unha forma máis de seguir apoiando dende o Concello o talento e ao sector cultural silledense, neste caso no ámbito musical”, engade.
Comments