top of page

Nace en Rodeiro a Asociación Cultural O Falar das Pedras para dinamizar a cultura do municipio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O 15 de outubro organiza un festival interxeracional que inclúe unha ruta, xantar, xogos, inchables e moita música


Laura Moure/Rodeiro

Recentemente naceu en Rodeiro a Asociación Cultural O Falar das Pedras, que ten como principal obxectivo promover actividades para aportar dinamismo a vida cultural deste municipio. E xa ten en marcha algunha iniciativa, como a que terá lugar o 15 de outubro. Trátase dun festival interxeracional, que leva por nome Rodeiría de Outono, no que se pretende a participación de todos os grupos de idade ca organización de actividades para todos eles. Este terá como escenario o parque situado xunto o Consistorio de Camba.

O evento está organizado por este colectivo e ca colaboración dun grupo de veciños "que aportou numerosas ideas e moito traballo e aos que estamos moi agradecidos por todo isto e pola súa implicación".


"Esta é unha das nosas primeiras actividades. A primeira foi a recollida de material para

Ucrania cunha colaboración excepcional por parte da veciñanza, pero xa se están

organizando outras moitas coma distintos roteiros, cata de viños, cata de queixos, cursos e

charlas sobre temas diversos, actividades para os máis pequenos e para os maiores , etc", adianta o colectivo.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, resalta que é unha asociación aberta a todo o mundo. "A veciños de Rodeiro e a todos aqueles os que lles interese o noso concello e aberta, por suposto, a que calquera persoa ou grupo nos faga propostas e nos achegue ideas".


Programa

A programación do evento do día 15 é a seguinte:

  • Roteiro pola zona de Fafián.

  • Sesión vermú e actuación de Celso Sanmartín.

  • Xantar.

  • Xogos tradicionais e campionato de tute.

  • Actividades infantís con monitores, inchables e xogos tradicionais.

  • Actuacións musicais de grupo de gaitas Gaiteiros de Vilafrío e o grupo folk Tanto nos ten e o DJ Marcos Fernández.

"Animamos e agradecemos a participación de todos", indica a asociación.


Toda a información debullada da programación na imaxe:



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page