top of page

Nace en Rodeiro a Asoc. Gandeira de Rubia Galega do País tras o Sabor Labrego promovido por Lamazares

O 20 de outubro este colectivo recuperará e levará a cabo en Camba a XIII Feira da Vaca Rubia Galega do País


Laura Moure/Rodeiro

Coa idea de potenciar as diferentes producións alimentarias do concello de Rodeiro e impulsar outras minoritarias naceu Sabor Labrego "onde dende a Concellería de Sector Primario buscamos poñer en valor e promover as potencialidades do sector agro alimentario de Rodeiro", sinala o tenente de alcalde, Alberte Lamazares, que foi o que impulsou esta iniciativa celebrada o pasado maio e que foi un éxito. A raíz desta informa que agora nace a Asociación Gandeira de Rubia Galega do País que no mes de outubro levará a cabo dúas actividades.

"Relacionado co sector da carne foi a primeira iniciativa levada a cabo, unha reunión con

gandeiros e gandeiras de Rodeiro onde escoitamos as súas necesidade e realizamos as

nosas propostas", explica Lamazares que ademais indica que son as seguintes:

  • Impulso dunha poxa, exposición e concurso de Rubia Galega.

  • Impulso de iniciativas que incidan na recuperación e mellora xenética dos rasgos

morfolóxicos característicos desta raza neste concello.

  • Dobre vía xenética de recría e cebo.

  • Cooperación local para a finalización dos becerros/as.

  • Eficiencia na produción.

  • Diferenciación en posta en valor para conseguir mellores rendementos económico.


Para lograr materializar todo isto, en vindeiras reunións, chegaron á conclusión de que

unha ferramenta imprescindible é a autoorganización, e estando todos e todas dacordo impulsaron dita asociación que traballará xunto e acompañada da Concellería de Sector Primario, Economía, Educación e Xuventude, que lidera o propio Alberte Lamazares.


Está composta polas seguintes persoas:

  • Presidencia, Alberto Hermida Taboada.

  • Vicepresidencia, Diego Mazaira Fafian.

  • Secretaria, Tamara Sobrado Deza.

  • Tesoureiro, Bruno López García.

  • Vogal 1, Sonia Diéguez Salgado.

  • Vogal 2, Manuel Villanueva Panadeiros.

  • Vogal 3, Óscar Fernández Aguiar.

  • Vogal 4, Elvito Cuñarro Fente.


"Dita asociación ten vocación de asociar a gandeiros e gandeiros, non só da localidade de

Rodeiro, senón que pretende abarcar o conxunto da provincia de Pontevedra sen rexeitar socios de outras localidades. Como primeiras actividades desta organización está a vindeira xornada que se levará a cabo no centro cultural Manuel Lamazares o día 1 de outubro onde se pretende poñer en valor as diferentes instrumentos como Acruga, Tenreira Galega ou Finca de Mouriscade", destaca Lamazares.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A segunda actividade, compartindo organización co Concello de Rodeiro é a recuperación e execución da XIII Feira da Vaca Rubia Galega do País que se celebrará o vindeiro 20 de outubro do 2024. "Esta feira, denominada antes como Feira da Vaca Rubia Galega deixouse de facer no ano 2007 sendo daquelas unha feira de referencia en todo o territorio galego onde, nesa última edición participaron mais de 100 animais". "Con este evento pretendemos poñer en valor o vacún de carne da Raza Rubia Galega coas características morfolóxicas que destacan no interior da provincia de Pontevedra coñecida en Rodeiro como a vaca “do País. Este é un gran factor de diferenciación que queremos recuperar. Ao mesmo tempo, sendo este o único evento destas características na nosa provincia, lograremos potenciar e dar a coñecer o noso concello e as súas potencialidades. En definitiva, a recuperación da Feira da Vaca Rubia Galega é algo estratéxico e simbólico para o rural Cambote e Provincial", subliña o tenente de alcalde.


A proposta, que está previsto desenrolar ao longo da mañá do día 20, contará en primeiro lugar cunha poxa de xatos e xatas. Haberá arredor duns 10 animais. En segundo lugar, celebrarase o concurso de gando no que participarán entorno a 50 animais e no que se entregarán 15 recoñecementos distribuídos en cinco categorías. "Por último cerraremos a feira coa intervención de diferentes autoridades que nos acompañaran", conclúe Lamazares.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page