top of page
Foto del escritorLaura Moure

Na Rede Eurovelo Galicia é a única rexión onde rematan dúas das 17 rutas que atravesan Europa

Esta variante do Camiño pasa polas comarcas da Ulloa, Terra de Melide e de Arzúa


Laura Moure/Xeral

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor participaron onte na presentación da ampliación da ruta Eurovelo na nosa comunidade, o que fará que no ano 2024, Galicia sexa a única rexión onde rematan dúas das 17 rutas que conforman a Rede. Cabe mencionar que o Eurovelo pasa por tres das nosas comarcas.

“Falar de Eurovelo é falar de iniciativas que fan de Galicia un destino mellor, un destino sostible e un destino diferenciado no que o fomento do turismo deportivo contribúen a facer de Galicia un destino de “Turismo slow”.Un destino que se adapta perfectamente ás necesidades dos viaxeiros que nos visitan”, indicou Nava Castro.

EuroVelo é unha rede que atravesa 42 países ao longo de máis de 90.000 quilómetros. Unha das particularidades destas rutas é que poden ser utilizadas tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios.

Os obxectivos deste rede encaixan na promoción das viaxes sustentables, no impulso económico, ambiental e social dos territorios polos que transcorre e aposta pola promoción dun medio de transporte que repercute positivamente na saúde dos seus usuarios, xa que se logran hábitos de vida saudable e se empregan medios de transporte totalmente respectuosos co medio ambiente.

Galicia é a única rexión na que conflúen dúas rutas: a V1 e a V3. A V1 Ruta da costa atlántica, que remata en Fisterra despois de percorrer preto de 11.000 km. E a V3 a chamada Ruta dos peregrinos, que parte de Noruega para logo de 5.500 km chegar a Fisterra.

A presentación contou coa presenza do Presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e do Xerente oficina técnica centros BTT e EuroVelo Galicia, Agustín Hermida

Polas comarcas pasa o Eurovelo 3.


  • Sección 18 Sarria – Melide (68km).

A segunda etapa do trazado de la EuroVelo 3 en Galicia atravesa zonas de prado e robledales en dirección ás riberas do Miño para cruzar a ponte que conduce á vila de Portomarín, onde destaca o seu centro histórico totalmente empedrado.


Tras abandonar Palas de Rei, a ruta EuroVelo 3 diríxese cara Melide, na comarca da Ulloa, onde se pode cruzar a ponte medieval de Furelos, unha das joias da arquitetura civil do Camiño Francés.

  • Sección 19 Melide – Santiago de Compostela (66 km)

Esta última etapa visita a localidade de Arzúa, recoñecida como unha das capitais do queixo de Galicia.

A través da coñecida como “Ruta del Holandés”, na estrada comarcal AC-240, visítanse os municipios de Touro e Boqueixón ata alcanzar a “Cidade da Cultura” que dá a benvida á capital compostelá.

Poden obter máis información do Eurovelo no seguinte enlace: https://www.eurovelospain.com/


0 comentarios

Kommentit


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page