top of page

Na contorna hai catro casas niño, en concreto unha en Deza e tres na Comarca Terra de Melide

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que a Xunta destinará en 2024 un total de 3 millóns de euros para manter o centenar de casas niño que existen actualmente en Galicia e para ampliar esta oferta a máis concellos


Laura Moure/Xeral

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que a Xunta destinará en 2024 un total de 3 millóns de euros para manter o centenar de casas niño que existen actualmente en Galicia e para ampliar esta oferta a máis concellos. “É un modelo que funciona perfectamente e axuda a fixar poboación no rural”, sinalou durante unha visita a casa niño número 100, que abriu recentemente as súas portas no concello de Vilarmaior (A Coruña). Na súa visita, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, puxo en valor como este proxecto, que botou a andar como unha experiencia piloto en 2016, está agora consolidado en todo o territorio. O modelo de casas niño -con cinco nenos e nenas de 0-3 anos como máximo- está adaptado ás necesidades reais dos municipios do rural, onde non resultan viables as alternativas tradicionais de atención a primeira infancia. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa hai catro casas niños.

  • Comarca de Arzúa: Segundo os datos que recolle a Consellería de Política Social non hai ningunha.

  • Comarca de Deza: Existe unha, Pequeniños, no Castro en Dozón.

  • Comarca Terra de Melide: Hai dúas en Santiso, Brincadeira en Ribadulla e Axóuxere en Niñodaguía e outra, Agarimo, na Capela en Toques.

  • Comarca da Ulloa: Hai cero.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Durante a súa intervención, Rueda fixo fincapé nas moitas vantaxes que se derivan da posta en marcha destas instalacións. Por unha parte, axudan a fixar poboación, ao dar opcións de conciliación tamén nos concellos máis pequenos e facelos, así, máis atractivos; ao tempo que xeran postos de traballo dos profesionais que as xestionan. “Queremos que a xente quede a vivir nos concellos do rural”, sinalou o presidente, quen asegurou que, para iso, cómpre apostar por ofrecer “servizos de primeira categoría” en todo o territorio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A Xunta aposta por facer de Galicia o mellor lugar para vivir e por iso, conta con medidas pioneiras de apoio á infancia e as familias como a gratuidade da atención educativa de 0-3 anos -que inclúe tamén as casas niño-, que beneficia a 31.000 familias ás que permite aforrar 2.000 euros de media ao ano.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page