top of page
Foto del escritorecosdacomarca

MVT: "PP e BNG aliánse para deixar sen salario ó alcalde e impedir o funcionamento do goberno"

"Non por insistir na mentira ou nas medias verdades cambia a realidade", replica o partido nacionalista de Touro


Ecos da Comarca/Touro

O Goberno Local de Touro quedou constituído polos membros de Movemento Veciñal de Touro (4 Concelleiros) máis o Partido Galego (1 Concelleiro). O Movemento Veciñal de Touro mantén vixente a proposta feita pública na cal reserva un posto da xunta de goberno ao concelleiro do BNG así como unha área de goberno a acordar, proposta que de momento non foi aceptada polo BNG, tal e como indica o Movemento Veciñal.

A proposta organizativa do goberno levada ó Pleno polo Alcalde contempla unha única dedicación (parcial cunha dedicación mínima de 30 horas semanais) e unha asignación económica igual a 2 veces o salario mínimo (30.240 € brutos anuais). "Esta proposta foi rexeitada polos votos de PP e BNG, deixando ó Alcalde sen salario. Esta sintonía entre PP e BNG provocou malestar e protestas entre os asistentes ó Pleno", sinala o Movemento Veciñal. "O único concelleiro do BNG, Xoán Louzao, incluso presentou unha enmenda á proposta salarial do Alcalde na que pretendía impoñerlle un salario bruto anual de 15.120€. Esta enmenda non se puido someter a votación por defectos de forma".


"Resulta inexplicable", indica "o posicionamento do Concelleiro do BNG contra a proposta salarial do Alcalde, pois fai 4 anos, cando se someteu a votación o salario do anterior rexedor, Ignacio Codesido do PP, cun importe de 43.000€, este concelleiro do BNG, propuxo un salario anual de 32.000€ e 2.200€/mes para o Alcalde-sustituto por unha adicación parcial de 25 horas semanais. Deste xeito, a proposta salarial do concelleiro do BNG para o Alcalde do PP fai 4 anos, era máis elevada que a que pide para sí o Alcalde actual".


Publicidade

O Movemento Veciñal entende "que este posicionamento conxunto de PP e BNG únicamente persigue a dimisión do goberno pola vía da asfixia económica dos seus membros; nunha práctica da política levada á extorsión, pretensións ante as que non vai ceder o goberno", recalca.


Pola súa banda, o BNG di o seguinte:

"Non por insistir na mentira ou nas medias verdades cambia a realidade.

  • O BNG dou o seu voto a cambio de nada para que fose alcalde o candidato do MVT ( que prefiriu pactar co PG).

  • O BNG é unha organización política co seu proxecto propio non dependente nin sucursal doutros partidos.

  • O MVT+ PG están en minoría e se queren acordos terán que negociar, para o cal o BNG sempre estará en disposición se é polo ben do concello.

  • No pleno de organización o MVT levou as súas propostas e o BNG as súas, e loxicamente, foi as que votamos senón non as levaríamos. O que voten os demais partidos é cousa deles.

  • O MVT non negociou ningunha das súas propostas con nós, eles saberán porqué non tendo maioría non o fan, e máis cando as súas propostas no pleno de organización distan moito (por non dicir que están nas antípodas) das que defendían na oposición.

  • Respecto ao salario do alcalde, foron eles os que non quixeron votar a nosa proposta, de feito tampouco ían votar a súa pero deron marcha atrás, O MVT quería 2SMI por adicación parcial, o BNG 1SMI e o PP propoñía 0€.

  • Non fixeron ningún amago de cambiar a súa proposta nin intento de modificación ou acordo coa do BNG e se non nos deixaron votar a nosa proposta non imos votar a súa, como tampouco imos recriminarlle que eles non voten a nosa.

  • Falar de extorsión, asfixia económica, dimisión do goberno, alianza co PP ()... porque simplemente o BNG ten as súas propias ideas e propostas e puro delirio".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page