top of page
Foto del escritorLaura Moure

Multitudinaria manifestación en Santiago contra os parques eólicos

Afectados e plataformas de Deza berraron o seu rexeitamento


Laura Moure/Deza

Este sábado celebrouse o Día do Medio Ambiente. E para conmemorar este día os afectados de toda Galicia pola instalación de parques eólicos congregáronse en Santiago de Compostela para evitar este espolio.


Unha multitudinaria marcha recorreu as rúas compostelas para rexeitar a invasión eólico, para esixir unha novo modelo enerxético para Galicia, así como demandaron que se paralicen todos os proxectos que se atopan en tramitación.


Dende a comarca de Deza, partidos como o BNG, ou plataformas de afectados, como a de Lalín, a de Vila de Cruces ou que loita para evitar a Liña de Alta Tensión Carmoega-Galegos, desprazáronse a Santiago para evitar que estes proxectos se leven a cabo.


De feito, cabe mencionar que esta semana as plataformas de Deza e Tabeirós anunciaron que unirán forzas para evitar que isto sexa permitido.

Afectados das comarcas de Deza na manifestación este sábado.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page